Logo de ler a información en materia de protección de datos que figura a continuación, consinto expresamente o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude. Os datos serán tratados pola Deputación da Coruña con dirección na Avenida do Porto da Coruña, 2, (15003) A Coruña, para xestionar a solicitude. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais é o consentimento que o asinante outorga á Deputación provincial coa súa sinatura e os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou por obriga legal.
A Deputación conservará os datos durante o tempo que sexa necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se poidan derivar da finalidade exposta e do tratamento dos datos. Será de aplicación o disposto na normativa de arquivos e documentación.
As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos datos a través da sede electrónica da Deputación da Coruña ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normatva reguladora do procedemento administrativo común. Se consideran que o presente tratamento incumpre o establecido no RXPD poden presentar unha reclamación ante a AEPD. Para calquera outra dúbida relacionada coa protección de datos as persoas interesadas poden dirixir un correo a delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal
Política de privacidade
https://www.dacoruna.gal/accesos-directos/politica-privacidade