Pestanas principais

A Aula CeMIT organiza dous cursos formativos para os meses de febreiro e marzo

Venres, 02 de febreiro de 2024

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames continúa a súa oferta formativa durante os meses de febreiro e marzo, con dous cursos dirixidos a adultos. Os contidos impartidos abarcan a formación en aspectos das follas de cálculo de LibreOffiice Calc e na iniciación no uso de redes sociais. A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).

A aula CeMIT está a planificar a formación para os meses de febreiro e marzo, con cursos lúdicos e formativos dirixidos á poboación adulta. Ademais, continuarase ofrecendo o acceso libre á aula, que permanece aberta ao público de luns a venres, dende as 9:30 ata as 13:00 horas; e os martes e xoves tamén dende as 16:30 ata as 19:00 horas. Así mesmo, ofértase atención telefónica e por correo electrónico os luns, mércores e venres, dende as 16:00 ata as 18:30 horas.

Dende o 26 de febreiro e ata o 10 de abril terá lugar un curso sobre Follas de cálculo con LibreOffice Calc, que se desenvolverá os luns e os mércores de 16:30 a 18:00 horas (de xeito online, a través de Youtube). Esta formación busca que os participantes aprendan a usar as follas de cálculo coa suite ofimática LibreOffice, comezando desde o mási básico ata chegar a un nivel medio. Cuestións como o formato numérico e da folla de cálculo, manexo do asistente de funcións, operacións con porcentaxes ou datas e funcións básicas e condicionais...  será a formación que se ofrecerá de balde para seguir dende a casa, mediante Youtube.

Por outra banda, tamén se impartirá unha formación de iniciación ás redes sociais, do 19 de marzo ao 11 de abril, de 10:00 a 12:00 horas (de xeito presencial). Neste caso, a os participantes aprenderán a rexistrarse e manexarse coas redes sociais máis importantes ás que se pode acceder desde o ordenador: Facebook, Instagram, Twitter, Youtube ou TikTok, ademais doutras opcións libres como Mastodon ou Pixelfed.

A inscrición aos cursos pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).

A Aula CeMIT organiza dous cursos formativos para os meses de febreiro e marzo

Multimedia

  • A Aula CeMIT organiza dous cursos formativos para os meses de febreiro e marzo