Novas por contido

Este domingo 25 de outubro atopámonos coa mala nova da aparición de 66 casos de contaxios COVID19 na Residencia do Maior “Nsa Sra dos Miragres” en Cabeza de Vaca – Barbadás.

En primeiro lugar, dende a CIG queremos amosar a nosa solidariedade co persoal e usuarios da residencia e apostar por unha pronta recuperación de todos eles/as. Dito isto, non é óbice para manifestar que o contaxio xeneralizado nesta residencia e en outras similares non é máis que unha crónica anunciada. Dende a CIG levamos tempo denunciando o oscurantismo da Xefatura Territorial de Ourense e, nominalmente, da súa xefa territorial, onde se negan constantemente a facilitar datos de contaxios e, sobre todo, a facilitar os medios de protección axeitados.

Na CIG apostamos dende o primeiro día que empezou a segunda onda en previr as consecuencias e, de acordo con isto, poñer todas as medidas de prevención que foran necesarias, empezando pola dotación de persoal suficiente cos medios individuais de protección axeitados, consistentes en máscaras fpp2, monos de un só uso, etc… Non é momento de pedir responsabilidades, é hora de estar unidos na loita contra esta pandemia, pero iso non quita que sexa a nosa responsabilidade denunciar as anomalías que atopamos no funcionamento dos servizos públicos e, sobre todo, esixir os medios necesarios para combater esta lacra.

Dende a CIG esiximos que se dote de máis persoal as residencias públicas galegas e, nomeadamente, a Residencia do Maior de Cabeza de Vaca, onde é urxente o incremento de máis persoal, tanto de servizos como de atención clínica, para facer fronte a esta pandemia.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.
Xoves, 25 Abril 2024

A CIG demanda o aumento de efectivos de axentes ambientais e que se cumpran os compromisos adquiridos

Tras a primeira xuntanza do Consello da Xunta, o presidente Rueda falou de que “hai unha grande intencionalidade” detrás dos lumes acontecidos estes días. Polo tanto dende a CIG demandamos en consecuencia o aumento de persoal para poder facer fronte a elevada actividade incendiaria. Dende a CIG denunciamos que actualmente dos 387 axentes ambientais pertencentes a...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...