O RETO DA SOIDADE | Novos enfoques dende a creatividade e a cultura


SOIDADE é un proxecto de exploración interdisciplinar sobre o fenómeno da soidade na sociedade do século XXI, con sesións de deseño colaborativo (coa metodoloxía creativa do Design Thinking) de ideas e propostas de intervención.

Preténdese abordar desde o plano cultural, artístico ou de deseño esta problemática social, mudando o enfoque asistencialista, para permitir unha reinterpretación desde outras ópticas máis creativas e atendendo a outras realidades, convidando para iso a persoas de distintos ámbitos a sesións de traballo creativo.

O vindeiro luns 16 de decembro celebraremos en Boiro unha destas sesións, que nos permitirá reunir ideas e prototipos que máis adiante se compartirán nun foro en liña aberto e dispoñible na web.

SOIDADE está inspirado en proxectos de participación cidadá e innovación social que se están a desenvolver noutras partes do mundo, onde a participación activa de diferentes colectivos en xornadas de deseño permite unha visión máis ampla e unha exploración de solucións máis innovadoras.

Promovido por Xeneme Intervención Social, conta co apoio de BenCuriosa e co patrocinio da Deputación da Coruña neste 2019. Trátase da continuación dun proxecto de innovación social nacido no CoLab, laboratorio de innovación cidadá da Coruña en 2017.

Para participar só é preciso achegarse coa mente aberta e con ganas de compartir ideas arredor desta temática.

Sign in to Google to save your progress. Learn more
Email *
Nome e apelidos *
Cal é a túa motivación e/ou vinculación profesional para participar neste proxecto?
O desenvolvemento do proxecto será rexistrado en vídeo e fotografías. Se non queres saír nas fotografías e vídeos públicos, por favor, simplemente fáinolo saber. Moitas grazas! *
Submit
Clear form
Never submit passwords through Google Forms.
reCAPTCHA
This content is neither created nor endorsed by Google. Report Abuse - Terms of Service - Privacy Policy