Terapia Gestalt




 A Terapia Gestalt é unha terapia psicolóxica humanista fundada polo psicoanalista xudeu, de orixe alemán, Fritz Perls na década de 1940.
A palabra Gestalt é un termo tudesco que se traduce en ocasións como "forma", aínda que o seu significado é tan complexo que non existe  palabra exacta que a poida traducir a idioma ningún.

 A Gestalt é unha efectiva abordaxe terapéutica mais unha filosofía de vida, que  concibe o ser humano coma unha totalidade, na que se toman en consideración tódolos niveis da persoa:  corporal, emocional, cognitivo, relacional e espiritual.


Durante as sesións o terapeuta interactúa activamente co  paciente ,  acompañándoo atentamente no seu camiño, favorecendo e permitindo o seu darse conta, aquí e agora, para que el mesmo atope as solucións ós seus problemas, se faga responsable da súa vida e sexa moito máis feliz..

Para acadar os seus obxetivos, a Gestalt integra e combina diferentes técnicas, coma o espertar sensorial, a respiración, o corpo, a voz, a expresión de emocións, soños etc... todo para que cheguemos a coñecernos mellor e  nos aceptemos tal como somos,  potenciando e xestionando as nosas aptitudes e necesidades dun xeito saudable.

A Gestalt vai dirixida a persoas con dificultades para se enfrontar a problemas existenciais coma conflitos, roturas, dós, depresións etc... E tamén para todas aquelas  que estean na procura dun desenvolvemento persoal para mellorar a súa calidade de vida.







“Se coma ti es, de xeito que poidas ver quen es e como es.
 Deixa por uns momentos o que debes facer e acha o que realmente fas.
 Arrisca un pouco se podes.
 Sinte os teus propios sentimentos …
 Di as túas propias palabras…
 Pensa os teus propios pensamentos...
 Se o teu propio ser.
 Descubre!!
 Deixa que o plan para ti xurda de dentro de ti”.

                                         Fritz Perls


Ningún comentario:

Publicar un comentario