Condicións Xerais de i.gal

Asociación PuntoGAL (en adiante, PuntoGAL), con CIF G70065107 e domicilio en Rúa Tabernas, 11 15001, A Coruña, en calidade de titular do sitio web i.gal, pola presente establece as Condicións Xerais de acceso e uso do sitio web i.gal e dos servizos previstos no mesmo (en adiante, Condicións Xerais).

1. Información e documentación contractual. Aceptación do usuario

As presentes Condicións Xerais expóñense con carácter permanente no sitio web i.gal (en adiante, “Sitio Web”), podendo todos os usuarios arquivalas, imprimilas e, por tanto, estar previamente informados das características e, en xeral, de todas as condicións en que se efectuará a prestación do servizo.

As presentes Condicións Xerais reitéranse para a súa aceptación expresa por parte do usuario -mediante un clic en “leo e acepto as Condicións”- cando se rexistra como usuario a través do Sitio Web. Non é tecnicamente posible que o usuario poida rexistrarse coma usuario sen que se produza a aceptación das presentes Condicións Xerais. Mediante a utilización do servizo, o usuario declara ser maior de idade, ter capacidade suficiente para contratar e ter lidas, entendidas e aceptadas as presentes Condicións.

Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será exposta claramente no Sitio Web con indicación da data de entrada en vigor. Toda a documentación sinalada anteriormente pode ser impresa e arquivada polo usuario, quen pode solicitala en calquera momento ao Servizo de Atención ao Cliente mediante a remisión do correspondente correo electrónico a info@dinahosting.com ou telefonicamente no número 900 854 000.

Calquera solicitude de información, ou reclamación que se estime pertinente, poderá facerse ao Servizo de Atención ao Cliente nas indicacións no parágrafo anterior. O Servizo acusará recibo da reclamación presentada mediante a remisión do pertinente xustificante –coa correspondente chave identificativa- á dirección de correo electrónico que deberá proporcionarse ao Servizo de Atención ao Cliente para tramitar a reclamación. Tras recibir unha solicitude ou reclamación por calquera dos medios indicados no parágrafo anterior, analizarase o caso exposto polo usuario e proporcionaráselle unha resposta na maior brevidade posible, que en todo caso non superará os quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao de recibir a solicitude ou reclamación.

A utilización do Sitio Web, e dos Servizos previstos no mesmo, implica necesariamente a aceptación da Política de Privacidade e das presentes Condicións Xerais, consentíndose o tratamento dos datos nos termos descritos nestes textos legais.

2. Obxecto

PuntoGAL comprométese a prestar o servizo do acurtador de URL solicitado polo usuario a través do sitio web ‘i.gal’ (en adiante, o Sitio Web) nos termos e condicións que se establecen nas presentes Condicións Xerais.

3. Dereitos e obrigas de PuntoGAL

3.1. Prestación de servizos

O servizo i.gal é gratuíto e permite acurtar, recortar e personalizar enlaces (URL).

É necesario rexistrarse como usuario para poder utilizar o servizo i.gal, para acurtar URL.

Aquelas persoas que desexen rexistrarse como usuarios do servizo i.gal deberán introducir o seu nome, correo electrónico e contrasinal no formulario de rexistro. O rexistro como usuario permite dispoñer dun repositorio coas URL acurtadas polo usuario, así como dispoñer das chaves e a documentación necesaria para desenvolver a ferramenta baseada en Polr 2.

3.2. Interrupción do servizo

Interromperase temporal ou definitivamente a prestación do servizo por necesidades imperativas de mellora, reparación ou substitución dos medios técnicos utilizados para a prestación do mesmo. Así mesmo, interromperase o servizo cando o usuario estea incumprindo calquera das cláusulas existentes nas presentes Condicións e, moi especialmente, cando o usuario estea cometendo algún tipo de actividade ilícita e/ ou cando o usuario estea utilizando o servizo vulnerando o disposto nas presentes Condicións. As interrupcións de servizo por estes motivos non darán lugar en ningún caso a unha indemnización ao usuario.

3.3. Responsabilidades

PuntoGAL non será responsable dos erros, retrasos no acceso, retrasos no sistema ou calquera anomalía que poida xurdir en relación con problemas de carácter xeral na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da empresa, y comprométese a tratar de solucionar estas incidencias poñendo todos os medios ao seu alcance e ofrecendo todo o apoio necesario ao usuario para solucionar as incidencias da forma máis rápida e satisfactoria posible. Así mesmo, non será responsable dos fallos que por estas causas se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transicións incompletas de maneira que non garante que o sitio web estea en todo momento operativo cando se deba a cuestións non imputables á mesma ou que esta non poida resolver cos medios que están ao seu alcance. O usuario exime de toda responsabilidade a PuntoGAL se algunha destas causas comeza a producirse.

PuntoGAL asume as responsabilidades que poidan derivarse da prestación dos servizos que ofrece nos límites tal e como se especifica nas distintas Condicións Xerais de Contratación dos servizos que están a disposición do usuario.

PuntoGAL, ao marxe doutras exoneracións de responsabilidade sinaladas nas presentes Condicións Xerais, expresamente non será responsable en ningún caso en relación con:

Asume a responsabilidade da prestación eficiente do servizo en función do establecido nas presentes Condicións e en función da solicitude concreta realizada polo usuario. O usuario renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do seu propio incumprimento das presentes Condicións Xerais ou derivados de calquera actuación dolosa ou neglixente por parte do usuario.

4. Dereitos e obrigas do usuario

4.1. Responsabilidades

O usuario asume que o Servizo ten as características que se describen no Sitio Web e nestas Condicións debendo determinar se se adecúa ás súas necesidades antes de utilizalo.

O acceso e uso do Sitio Web e do servizo realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos danos e prexuízos que poida causar a terceiros e a PuntoGAL. O usuario asume toda a responsabilidade derivada do uso do Sitio Web, sendo o único responsable de todo efecto directo ou indirecto que sobre a páxina web ou o servizo se derive, incluíndo, de forma enunciativa e non limitativa, todo resultado económico, técnico e/ou xurídico adverso, así como a defraudación das expectativas xeradas polo Sitio Web ou o Servizo, obrigándose o usuario a manter indemne a PuntoGAL por calquera reclamación derivadas, directa ou indirectamente de tales feitos.

O incumprimento das presentes Condicións, así como o desenvolvemento de calquera actividade ilícita ou contraria ás presentes Condicións poderá implicar a perda da condición de usuario e, por tanto, o acceso ao servizo i.gal.

O usuario comprométese a non utilizar o Servizo para cometer, promover, habilitar ou facilitar, directa ou indirectamente, actos ou infraccións ilegais ou ilícitas destas Condicións, ou facilitar estas accións a Terceiros para que as realicen a través do Servizo.

4.2. Bo uso do servizo

O usuario está obrigado a facer un bo uso do servizo e, por tanto, a non utilizalo de mala fe para calquera práctica que estea prohibida pola lei ou rexeitada polos usos mercantís. PuntoGAL queda facultada por medio das presentes Condicións, a partir do momento en que teña coñecemento fidedigno da realización por parte do usuario de calquera actuación ou uso ilegal en xeral, a poñer en coñecemento das autoridades competentes estas circunstancias e dar de baixa ao usuario ou restrinxirlle o acceso ao Sitio Web ou ao Servizo. O usuario será o único responsable fronte a calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros prexudicados, asumindo este todos os gastos, custes e indemnizacións que, no seu caso, poida verse obrigada a asumir PuntoGAL se a reclamación é dirixida contra esta.

En caso de recibirse algún tipo de comunicado por parte dun terceiro sobre a suposta ilegalidade dalgún contido ou actividade levada a cabo por un usuario do Servizo, e sempre e cando esta comunicación sexa recibida de modo que o comunicante se identifique adecuadamente, procederase a poñelo en coñecemento do usuario e, en caso de que a actividade sexa manifestamente ilícita, procederase a bloquear o Servizo ou o contido en cuestión. Para que esta actividade sexa manifestamente ilícita esta ilegalidade debe ser inequívoca para calquera que acceda a eses contidos. En casos concretos como dereitos de autor ou inxurias e calumnias, non é posible entrar a dirimir se o usuario ten ou non dereito a intercambiar eses contidos, ou se os mesmos son constitutivos de inxurias ou calumnias sendo unicamente a autoridade competente quen poida indicar con seguridade esa ilegalidade e, por tanto, ordenar o cese do servizo.

4.3. Garda e custodia de chaves

O usuario é o único responsable da seguridade e confidencialidade das chaves coas que xestiona os enlaces, debendo gardalas en lugar seguro coa fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados. A perda das chaves, por calquera causa, implicará a perda do acceso aos contidos cifrados coa mesma. En caso que as chaves deixen de ser seguras, o usuario será o único responsable de eliminar o enlace creado para facer inaccesible a información a persoas non autorizadas.

5. Comunicacións

A vía principal e preferente de comunicación para informar e notificar todas as incidencias que se produzan polo uso do Sitio Web ou servizo i.gal, será o correo electrónico. Con tal fin, o usuario poderá utilizar a dirección de correo electrónico info@dinahosting.com. As comunicacións de calquera índole que deban remitirse ao usuario conforme ao descrito neste apartado remitiranse á dirección proporcionada polo usuario ao rexistrarse como usuario do Servizo. O usuario comprométese a ter operativo este correo electrónico. Exclúese calquera tipo de responsabilidade que puidera derivarse pola falta de consulta ou erro no correo electrónico facilitado polo usuario. Cada unha das partes será responsable da garda e custodia das copias das comunicacións que se realicen.

6. Dereitos de autor e marca

Quedan reservados todos los dereitos. O sitio web i.gal -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos. 

7. Enlaces

O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web i.gal non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións ou servizos postos a disposición no referido sitio web. A existencia de hiperenlaces en páxinas web alleas que permitan o acceso ao sitio web i.gal non implicará en ningún caso a existencia de relacións comerciais ou mercantís co/coa titular da páxina web onde se estableza o hiperenlace, nin a aceptación ou supervisión por parte de PuntoGAL dos seus contidos ou servizos. PuntoGAL non será responsable en ningún caso dos contidos ou servizos da web do usuario onde se inclúa un hiperenlace ou enlace ao sitio web i.gal.

8. Protección de datos

PuntoGAL é a responsable do tratamento dos datos proporcionados a través do sitio web i.gal.

Para acceder e/ou navegar polo sitio web de i.gal non é necesario aportar ningún dato. O carácter obrigatorio da resposta ás preguntas que se expoñen, ou dos datos que se solicitan a través do sitio web, indícase mediante a incorporación dun asterisco (*) a continuación da pregunta ou campo do formulario. No caso de non proporcionarse os datos requiridos non será posible prestar o servizo ou funcionalidade solicitados.

Non se tratan datos de menores de idade en ningún caso, posto que unicamente se permite o rexistro como usuario a través do sitio web a persoas maiores de idade con plena capacidade para actuar no tráfico xurídico. Calquera conta de usuario dada de alta incumprindo este extremo será eliminada inmediatamente.

A información proporcionada polos usuarios será tratada conforme ás seguintes finalidades:

PuntoGAL unicamente tratará os datos persoais proporcionados polos usuarios de conformidade coas finalidades descritas nesta Política. Os datos rexistrados son eliminados nos prazos indicados, salvo que deba conservarse bloqueados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Os usuarios son informados do tratamento dos seus datos nos termos anteriormente indicados mediante a aceptación das presentes Condicións Xerais ao rexistrarse como usuario do sitio web i.gal.

Os usuarios deben absterse de proporcionar datos de carácter persoal doutros interesados, salvo que teñan a pertinente autorización, segundo a cal ditos interesados serán previa e debidamente informados sobre o contido da presente cláusula e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados a PuntoGAL para ser tratados conforme ás finalidades que correspondan.

PuntoGAL non comunica datos de carácter persoal a terceiros, salvo que unha norma con rango de lei diga o contrario ou se é necesario para a prestación do servizo contratado. Non obstante, poderá comunicar datos persoais ás autoridades competentes: fiscais e aduaneiras, xudiciais, forzas e corpos de seguridade do Estado, e calquera outro destinatario que en función da normativa vixente resulte de aplicación.

Os datos proporcionados conforme ao disposto nesta cláusula serán tratados por Dinahosting SL en calidade de encargado do tratamento pola provisión dos servizos de aloxamento e de atención ao cliente de i.gal, titularidade de PuntoGAL. Así mesmo, Dinahosting en calidade de responsable do tratamento manterá rexistros de auditoría dos sistemas de información e redes coa finalidade, baseada no interese lexítimo, de manter a seguridade das redes, a infraestrutura técnica e os servizos, e detectar ou impedir a utilización abusiva ou fraudulenta dos servizos. Os interesados poden exercitar os seus dereitos nos termos descritos na Política de Privacidade de Dinahosting, accesible en todo momento en: https://dinahosting.com/legal/proteccion-datos.

Os usuarios teñen dereito a obter confirmación de se PuntoGAL está tratando ou non datos persoais que lle competan, a acceder aos seus datos persoais, e a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou completar os datos incompletos. Así mesmo, ten dereito a:

Todos estes dereitos poden exercitarse, en calquera momento solicitándoo por correo postal dirixido a Asociación PuntoGAL, na seguinte dirección: Rúa Tabernas, 11, 15001, A Coruña; ou ben, enviando un correo electrónico a info@dominio.gal. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.

Se o usuario considera que non está satisfeito no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, autoridade de control competente en materia de protección de datos, cuxos datos de contacto son: calle Jorge Juan, 6 - 28001 Madrid.

Os usuarios do sitio web i.gal son responsables da veracidade, actualidade e exactitude dos datos que proporcionan a Dinahosting, considerándose veraces, actuais e exactos os datos facilitados por eles mesmos. Así mesmo, son responsables de dispoñer da pertinente autorización para proporcionar datos de terceiros. PuntoGAL adoptará as medidas necesarias para suprimir e rectificar sen dilación aqueles datos que resultan ser inexactos con respecto aos fins para os que se tratan en canto teña coñecemento efectivo da súa inexactitude.

As cookies que utiliza o Sitio Web son anónimas e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario.

9. Xurisdición e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións Xerais serán competentes aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

10. Miscelánea

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente contrato realízase unicamente en galego. O non exercicio dalgún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos.